miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xornada de ceos con nubes durante este mércores

Xornada de ceos con nubes durante este mércores
Xornada de ceos con nubes durante este mércores

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 12ºC

O mércores Galicia quedará entre as altas presións do norte e unha baixa relativa centrada ao sur de Portugal. 

Con isto, agárdase unha xornada de ceos alternando nubes e claros, con máis nubes no terzo norte onde se rexistrarán precipitacións de carácter feble. 

As temperaturas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 12ºC.

Os ventos soprarán do nordés moderados no interior, fortes no litoral e nas zonas altas, baixando de intensidade ao final do día.

Comentarios
Lo más