Piden solucións para o desnivel na contorna dos centros escolares situados nas inmediacións da rúa Tras Santa Clara
Nesta zona existe un tramo duns 70 metros no que se colocou unha varandade fundición para protexer un importante desnivel respecto dos terreos onde se sitúan varios centros educativos, unha solución que se consideraineficaz
O Grupo Municipal Popular preguntará no vindeiro Pleno ordinario deste mes de xaneiro ao Goberno de Sánchez Bugallo sobre o prazo que manexa para repoñer e mellorar a seguridade na rúa de Tras Santa Clara para evitar posibles accidentes no treito coincidente co desnivel onde se atopa distintas instalacións de centros educativos.
Os Populares creen necesario que na contorna do patio de recreo do colexio La Salle, a zona de aparcamento e o acceso á Escola Infantil Agasalle, concretamente na rúa de Tras Santa Clara, e na súa confluencia coa rúa do Escultor Asorey, hai un tramo duns 70 metros no que se colocou unha varanda de fundición para protexer un importante desnivel respecto dos terreos onde se sitúa o campo de fútbol do colexio La Salle, compartidos cunha zona de aparcamento e o acceso a unha escola infantil.
Co fin de evitar situacións de perigo que ofrece o deseño desa varanda, cuns espazos demasiado amplos entre os barrotes, hai uns anos instalouse unha tupida malla de material plástico que se fixou á estrutura, pero, a todas luces dita medida non é nin efectiva nin suficiente. Por iso, co paso do tempo, nalgúns lugares do peche, esa malla foise deteriorando deixando de cumprir a súa función complementaria de protección, tal e como se pode apreciar nas imaxes que se achegan como anexo.
Así, o Grupo Municipal Popular requírelle ao Grupo de Goberno que proceda a instalar unha solución definitiva e efectiva e que, ao mesmo tempo, non rompa coa estética de esta zona do Casco Histórico santiagués.
Ante o risco de que ese deterioro ofrece para a seguridade dunha zona de amplo tránsito, sobre todo, de nenos e nenas que diariamente acoden aos centros escolares que alí se sitúan, o Grupo Municipal Popular formula esta pregunta co propósito que se acade unha solución.