miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

COGAMI inicia curso de administrativo en Santiago para persoas con discapacidade

COGAMI inicia curso de administrativo en Santiago para persoas con discapacidade
COGAMI inicia curso de administrativo en Santiago para persoas con discapacidade

Cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, son 15 as persoas con discapacidade que se están a formar

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Operacións Auxiliares de servizos administrativos e xerais que se imparte nas instalacións que a Confederación ten en Santiago de Compostela (Modesto Brocos, 3º bloque, nº7, baixos). 

Esta formación, que cofinancia a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, consta de 448 horas lectivas que se imparten ata o día 28 de maio, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: técnicas administrativas básicas de oficina, operacións básicas de comunicación, reprodución e arquivo, prácticas non laborais e os módulos transversais que son de inserción laboral, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero e formación para a igualdade.

O curso inicia con 15 persoas, 6 mulleres e 9 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, con idades comprendidas entre os 21 e os 60 anos, que proceden dos concellos de Santiago (8), Negreira (2), Teo (2) e de Oroso (1), Val do Dubra (1) e Boqueixón (1).

A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como o transporte, hostalería, comercio e servizos, desenvolvendo diferentes ocupacións como monitor actividades deportivas, expendedor combustible, auxiliar de  clínica, condutor camión, condutor / repartidor e dependente de comercio.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 1.403 persoas inscritas na comarca de Santiago.

Comentarios
Lo más