miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Caballero pide que Feijóo asumas as responsabilidades políticas polo peche do paritorio de Verín

Caballero pide que Feijóo asumas as responsabilidades políticas polo peche do paritorio de Verín
Caballero pide que Feijóo asumas as responsabilidades políticas polo peche do paritorio de Verín

O secretario xeral insta a Feijóo a aclarar “se apoia o veto parental”, un instrumento da ultradereita “para frear o avance social e criminalizar a educación pública”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu onte ante os medios para abordar a rectificación de Feijóo sobre o peche do paridoiro de Verín despois de mentir alegando “criterios técnicos” relativos á seguridade nos partos.

“É a primeira gran vitoria da maioría social progresista. Feijóo xa non toma as decisións, senón que unha nova Galicia arrincona ao presidente e oblígao a rectificar”, sinalou Gonzalo Caballero, quen censurou os ataques de Feijóo contra “a calidade da sanidade pública” e contra “a atención aos habitantes do medio rural”.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos urxiu a Feijóo a reapertura “inmediata” do paridoiro de Verín e unhas “desculpas” polo seu “discurso falaz” que utilizou “para meter medo” ás familias coa “falla de seguridade” para dar a luz no hospital desa vila.

“Se Feijóo tivese un mínimo de dignidade política, asumiría responsabilidades políticas polo peche do paridoiro de Verín e cesaría a todos os responsables políticos desa decisión”, recalcou Gonzalo Caballero, antes de reclamar a Feijóo que “non faga máis dano” nos meses que lle quedan de mandato.

VETO PARENTAL

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG criticou “a falla de lealdade” de Feijóo, que se amosa “incapaz de resolver os problemas de Galicia” e prefire dedicarse a confrontar co goberno progresista de España a través da correspondencia.

“Feijóo envía cartas firmadas por el pero orientadas por Casado e por Vox”, incidiu Gonzalo Caballero, quen requiriu ao mandatario que se posicione sobre o veto parental imposto polos gobernos do seu partido coa ultradereita.

“Que aclare se o apoia”, esixiu o dirixente socialista, consciente de que se trata dun instrumento da ultradereita “para frear o avance social e criminalizar a educación pública”.

Comentarios
Lo más