Estrella Galicia busca o mellor tirador da súa cervexa
Os cinco finalistas recibirán un premio do seu peso en cervexa, e a dotación económica para o campión será de 600 euros e para o subcampión de 400 euros
Estrella Galicia organiza a sétima edición do Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa, no que participarán unha vintena de hostaleiros das catro provincias o próximo 7 de febreiro no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar en Ourense.
O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 31 de xaneiro na web de Estrella Galicia, informa este luns a compañía nun comunicado.
Os primeiros clasificados optarán ao título nacional no campionato que se celebrará en maio no marco do Salón de Gourmets de Madrid, onde se enfrontarán ao resto de gañadores das demais finais rexionais de toda España.
Os cinco finalistas recibirán un premio do seu peso en cervexa, e a dotación económica para o campión será de 600 euros e para o subcampión de 400 euros.