miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares piden que o Concello e a Catedral sirvan para controlar o fluxo de visitantes na cidade

Os populares piden que o Concello e a Catedral sirvan para controlar o fluxo de visitantes na cidade
Os populares piden que o Concello e a Catedral sirvan para controlar o fluxo de visitantes na cidade

Constenla explicou que “a cidade debe estar preparada para acoller as persoas que visiten Santiago, pero sen afectar á vida dos veciños da capital de Galicia

O concelleiro do Grupo Municipal Popular; José Antonio Constenla, ofreceu onte unha rolda de prensa para solicitar que o Concello e a Catedral articulen medidas que sirvan para controlar os fluxos de visitantes de cara ao vindeiro Xacobeo. Constenla explicou que “a cidade debe estar preparada para acoller as persoas que visiten Santiago, pero sen afectar á vida dos veciños da capital de Galicia.

“A ninguén se lle escapa que estamos ás portas dun Ano Santo, un evento absolutamente único e clave para a nosa cidade e ante unha oportunidade para reivindicarnos como un dos grandes Patrimonios da Humanidade, por todo isto, insistiu, este grupo municipal cree que o Concello de Santiago debe anticiparse e poñer en marcha vías de colaboración coas entidades responsables da Catedral de Santiago para que, por exemplo, se implemente algunha solución tecnolóxica, que regule los fluxos de visitantes e evite situacións negativas.

O concelleiro Popular explicou que “seria de utilidade unha plataforma o unha App que permitise que, desde casa ou desde o hotel cun teléfono móbil, os visitantes puidesen obter unha hora aproximada de entrada, o que lles permitiría mentres esperan, visitar outras zonas da cidade”. Así mesmo, os datos de afluencia servirían tamén ao Concello para reforzar os servizos públicos na contorna da Catedral en momentos puntuais e en función da demanda. 

No contexto de aumento da demanda turística que implicará este evento, o patrimonio cultural da cidade e, en especial a Catedral, enfróntanse a varios retos, e un dos máis importantes é o de minimizar mediante una xestión responsable e sostible os impactos que esa afluencia masiva de visitantes poida ter sobre a calidade da súa experiencia e, de maneira especial, tamén sobre a vida dos veciños, que teñen que ter garantido que a actividade turística non vai prexudicar a súa vida cotiá.

A Catedral ten unha capacidade de acollida máxima que é necesario controlar para protexela, posto que se analizamos a afluencia respecto ao aforo establecido a nivel diario vemos que xa hai momentos de saturación, e que si ben na actualidade son puntuais, co Año Santo será a tónica habitual.

Esta situación podería producir situacións incómodas: colas que estorben o acceso a negocios do casco histórico, dificultade de paso de vehículos autorizados ou de emerxencias, persoas esperando ao sol á chuvia co calor o frío, falta de servizos hixiénicos, etc. Todo elo sen dúbida podería enturbar a imaxe que se dea da cidade e tamén alterar ou incomodar de forma notable a vida dos cidadáns.

EVENTO DE NATUREZA MUNDIAL

José Antonio Constenla remarcou que estamos ante un evento de natureza mundial, que precisa unha coidada preparación, onde non cabe a improvisación, pero as semanas pasan e ao Grupo Municipal Popular preocúpalle que “o Goberno de Sánchez Bugallo no estea á altura e que, chegado o momento, nos pille o toro a todos, sen os deberes feitos”, posto que acoller é algo máis que simplemente invitar a vir”.

Subliñou que os Populares “notamos falta de liderazgo municipal para a xestión dun evento que supón para a cidade e a veciñanza, tanto unha oportunidade coma un desafío, pero é necesario casar ben a experiencia de desfrute dos peregrinos e turistas, con asegurar os servizos e espazos públicos dos santiagueses. 

Aínda están sen concretar servizos básicos como: a recollida de lixo; os aparcamentos; a seguridade ou mesmo o transporte, que se atopan en situación precaria, o que suporá que ao verse sometidos a un maior uso e estrés, teñan un maior risco de colapso e, por tanto, se provoque un xustificado malestar cidadá.   

Finalmente, o concelleiro Popular insistiu en que un Ano Santo é algo absolutamente diferente e único, tanto pola súa natureza, como polas variables que se manexan, uns 10 millóns de visitantes, por iso as medidas que se necesiten implementar para por exemplo controlar os fluxos de visitantes deben testarse con moitos meses de antelación.

Comentarios
Lo más