miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Silleda

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Silleda
Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Silleda

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente

Tres persoas resultaron feridas a pasada tarde nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos en Silleda. O accidente produciuse no punto quilométrico 301 da N-525, ao fío das 19:45 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Comentarios
Lo más