Situación de transición en Compostela
08:00 15/01/20
08:00 15/01/20
En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima ata os 15ºC
O mércores será un día de transición á espera da chegada dunha nova fronte xa para o xoves.
Así, amenceremos cos ceos parcialmente cubertos e con precipitacións no sueste, co avance da xornada iranse abrindo grandes claros.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima ata os 15ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente sur aumentando a forte ao final do día.