Os xuíces da Coruña insisten na necesidade do servizo de gardas 24 horas
Ademais, advirten de que, se a iniciativa non se leva a cabo, Galicia sería a única comunidade autónoma do Estado que carecería de gardas 24 horas en partidos xudiciais formados por oito ou máis xulgados de instrución
A Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución da Coruña insiste na necesidade da implantación do servizo de gardas 24 horas. Os membros da carreira xudicial destacan que a medida posibilitaría ofrecer á cidadanía “un servizo máis áxil e eficaz”.
Ademais, advirten de que, se a iniciativa non se leva a cabo, Galicia sería a única comunidade autónoma do Estado que carecería de gardas 24 horas en partidos xudiciais formados por oito ou máis xulgados de instrución. Os xuíces acordaron a solicitude desta medida nunha reunión celebrada o pasado 29 de maio
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu un informe favorable á aplicación da demanda da Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución da Coruña, que reiterou esta petición nun encontro celebrado o 12 de novembro. A mesma petición foi aprobado pola Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución de Vigo.