miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa ferida na Fonsagrada ao ser alcanzada por un turismo

Unha persoa ferida na Fonsagrada ao ser alcanzada por un turismo
Unha persoa ferida na Fonsagrada ao ser alcanzada por un turismo

Segundo a información recibida no 112 Galicia, a través da chamada de alerta dunha persoa particular, o atropelo produciuse preto das 19:15 horas de onte

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron a pasada tarde a un home que resultou ferido tras ser alcanzado por un turismo.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, a través da chamada de alerta dunha persoa particular, o atropelo produciuse preto das 19:15 horas de onte na Avenida de Galicia, na Fonsagrada.

Nese mesmo intre, o persoal do 112 Galicia informaba do suceso aos Bombeiros de Sarria, por se fose precisa a súa intervención, e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para asistir á persoa ferida.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade que confirmaron ao 112 Galicia que o equipo sanitario trasladou o home ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más