miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarcerada unha persoa despois dunha colisión entre dous turismos en Carballeda de Avia

Excarcerada unha persoa despois dunha colisión entre dous turismos en Carballeda de Avia
Excarcerada unha persoa despois dunha colisión entre dous turismos en Carballeda de Avia

Foi unha persoa particular quen alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 15:45 horas de onte

Unha colisión entre dous coches esta tarde en Carballeda de Avia saldouse cunha persoa que precisou asistencia médica. O accidente produciuse no punto quilométrico 257 da A-52, en sentido a Vigo, e foi necesario excarcerar á vítima ao quedar atrapada no interior dun dos turismos implicados no accidente.

Foi unha persoa particular quen alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 15:45 horas de onte.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteareas e de Ribadavia, dos Bombeiros de Xinzo de Limia, do Carballiño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Carballeda de Avia.

Comentarios
Lo más