miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os rapaces da Escola Infantil "O Bosque" visitan aos maiores do centro de día "Máis Vivir"

Os rapaces da Escola Infantil "O Bosque" visitan aos maiores do centro de día "Máis Vivir"
Os rapaces da Escola Infantil "O Bosque" visitan aos maiores do centro de día "Máis Vivir"

Un ano máis, as nenas e nenos da Escola Infantil Municipal “O Bosque” realizaron unha saída ao centro de día “Más Vivir” de Bertamiráns

Un ano máis, as nenas e nenos da Escola Infantil Municipal “O Bosque” realizaron unha saída ao centro de día “Más Vivir” de Bertamiráns. A actividade consistía en pasar un rato cos avós e avoas que están no centro para así compartir xogos e actividades. A experiencia vívea unha clase de 2 a 3 anos por trimestre.

Con motivo da visita, os pequenos dunha das aulas de 2 a 3 anos da Escola Infantil “O Bosque” leváronlle uns agasallos aos maiores en forma de figuras de avós para decorar o seu centro, mentres que os maiores lles esperaban cunha rica merenda para que puidesen degustar no seu centro.

Tanto nenos como maiores puideron gozar de xogos e actividades xuntos, xa que as actividades que necesitan moitos dos avós e avoas que se encontran no centro, son moi similares ás que fan as crianzas na Escola Infantil.

Convértese así nunha experiencia moi enriquecedora para ambas partes, razón pola cal a Escola Infantil Municipal a leva realizando dende fai tres anos. No próximo trimestre os encargados de visitar aos maiores será outra das aulas de 2 a 3 anos que hai na escola.

Comentarios
Lo más