A USC, Concello e Xunta súmanse par celebrar o ano de Concepción Arenal
O reitor reuniuse este mércores coa secretaria xeral de Igualdade, o directora Dirección xXeral de Cultura, a Secretaría Xeral de Igualdade, a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago e o vicepresidente do Ateneo compostelá para adefinirvanzar nas as accións conxuntas que estas institucións levarán a cabo na conmemoración do bicentenario do nacemento da escritora e xornalista
O 31 de xaneiro de 2020 cumpriranse 100 200 anos do nacemento de Concepción Arenal Ponte, licenciada en Dereito, xornalista, escritora e unha das pioneiras do feminismo en España. Co gallo deste aniversario, a USC desenvolverá en 2020 o ano Concepción Arenal a través dunha nutrida axenda de actos cuxo deseño comezou a definirse este mércores.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; ;e a concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; e o vicepresidente e o secretario do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla LamasSalvador García-Bodaño e Francisco Candela Castrillo,, reuníironse este martes mércores co reitor Antonio López no salón reitoral do Colexio San Xerome coa intención de perfilar as accións conxuntas que estas institucións desenvolverán para reivindicar a figura da autora ferrolá e nas que tamén tomará parte o Consello da Cultura Galega. .
Malia que este é un proxecto colectivo e aberto á participación de novos integrantesdoutras entidades, a Universidade traballa xa, xunto con estas institucións, xa no desenvolvemento de diferentes iniciativas cuxos puntos nucleares serán unha exposición no Colexio de Fonseca programada para o mes de setembro baixo o título ‘Concepción Arenal. A conciencia da razón’, así como a celebración dun congreso internacional no mes de outubro no que diferentes especialistas poderán abordar a figura de Concepción Arenal dende un enfoque multidisciplinar.
Ademais da mostra e do congreso, a USC impulsará unha serie de concertos nutridos coa obra de compositores do Rexurdimento que formaban parte dos salóns habituais da época como o moi coñecido de Emiliao Pardo Bazán. Obras do violinista Jesús de Monasterio, amigo íntimo da autora, e do seu alumno Andrés Gaos, conformarán, entre outros autores e autoras, o programa dos concertos.
Asemade, tal e como se puxo de manifesto na reunión celebrada este mércores, as institucións están a definir/traballar sobre outrasnoutras accións. Entre elas, a USC súmase á iniciativa do Ateneo traballan xade acometer a publicación dunha edición facsimilar das obras La mujer del porvenir e La mujer de su casa, textos seminais para entender o pensamento feminista da autora ferrolá. Esta edición contará cun estudo introductorio a cargo da profesora Carmen Blanco da Facultade de Humanidades. Ademais, a institución compostelá sumouse áa iniciativa cidadá do Ateneo para solicitar ante o Cconcello, xa aprobada, para efectuar o traslado dende o seu emprazamento actual cara unha nova localización do busto de Concepción Arenal.
Nesta liña, a Universidade publicará dentro da colección Clásicos do Pensamento Universal, colección coeditada coa Fundación BBVA, a tradución ao galego da obra El visitador del preso.
O venres 31 de xaneiro, data do aniversario do seu nacemento, os centros que integran a USC, tanto no campus de Santiago como no de Lugo, están chamados a acoller diferentes iniciativas para visibilizar e poñer en valor ante a comunidade universitaria e a sociedade en xeral, a figura de Concepción Arenal. Neste senso, nas vindeiras datas levaranse a cabo reunións cos centros para definir este programa de actividades. O descubrimento dun vítor na honra da xornalista tamén formará parte da axenda de actos que se desenvolverá ao longo de 2020.
COMISIÓN PARA DEFINIR O PROGRAMA
Malia que o primeiro encontro entre as diferentes institucións tivo lugar este mércores, a USC leva traballando dende hai varios meses no deseño da programación para este ano Concepción Arenal. Neste senso, elaborouse unha comisión interdisciplinar, a fin de artellar unha axenda que aborde dende diversas perspectivas a súa traxectoria. Ramón Ángel Bouzas Lorenzo, decano da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais; Ana María Gude Fernández, decana da Facultade de Dereito; José Francisco Méndez García, director da Biblioteca Concepción Arenal; Anxo Doval, técnico da Biblioteca Concepción Arenal; a catedrática de Dereito Administrativo, Alba Nogueira; a catedrática de Dereito Civil, María Paz García Rubio; a catedrática de Filosofía, María José Agra; o profesor de Dereito Penal, Fernando Vázquez Portomeñe; e o profesor de Historia da Educación, Vicente Peña Saavedra, integran a comisión da USC para este ano Concepción Arenal.