miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un camión cisterna sae da vía nun accidente na A-8

Un camión cisterna sae da vía nun accidente na A-8
Un camión cisterna sae da vía nun accidente na A-8

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 11:30 horas cando varios particulares contactaron para informar dun sinistro no punto quilométrico 557 da A-8, sentido A Coruña

A saída de vía dun camión cisterna mobilizou aos equipos de emerxencias na mañá de hoxe no concello lucense de Abadín. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 11:30 horas cando varios particulares contactaron para informar dun sinistro no punto quilométrico 557 da A-8, sentido A Coruña.

No seu relato, as testemuñas do accidente afirmaban que o condutor do vehículo atopábase liberado e accesible e non requiría asistencia médica. Aínda así, desde o 112 Galicia, informouse aos servizos sanitarios de urxencia por se fose precisa a súa intervención.

Igualmente, solicitouse a colaboración da Garda Civil de Tráfico e servizo de mantemento da vía para asegurar as condicións de seguridade neste punto da estrada.

Comentarios
Lo más