Marcelo DoBode presentará Turoqua hoxe en Compostela
Estará hoxe 11 de xaneiro na Sala Sónar as 22:00 horas
Despois da estrea no Teatro Principal de Pontevedra, Marcelo Dobode estrea o 2020 cunha nova presentación do seu álbum debut, Turoqua
Estará acompañado dos seus músicos habituais, Adrián Saavedra (teclados), Felix Rodríguez (percusión) Mon Orencio (guitarras) e Xacobo Prieto (baixo )presentando todas as cancións que compoñen o álbum, que está a acadar o respaldo da crítica e do público superando xa a barreira dos 5000 oíntes mensuais en Spotify.
Turoqua innova traspasando as fronteiras da tradición para elevar novas melodías á vangarda da música, onde as etiquetas, non teñen cabida.
O seu concepto, sorprende, impacta, pero ao mesmo tempo, agarima. Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo.
Cabe destacar a presenza de Kiko Veneno, que abrumado pola calidade da proposta, decidiu colaborar con Marcelo en 'Bailalo', un arriscado tema que pon de relieve a calidade vocal de ambos intérpretes.