miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan a dous anos de prisión para un mariscador que deixou sen vista á secretaria da Confraría da Pobra

Condenan a dous anos de prisión para un mariscador que deixou sen vista á secretaria da Confraría da Pobra
Condenan a dous anos de prisión para un mariscador que deixou sen vista á secretaria da Confraría da Pobra

O acusado, segundo a sentenza, presentouse “alterado” en xuño de 2016 nas oficinas da entidade debido a unha sanción administrativa de 500 euros que lle impoñían e agrediu ás vítimas

Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso de apelación interposto polo mariscador condenado a dous anos e medio de cárcere por agredir á secretaria, ao vixiante e ao biólogo da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal. A puñada que lle propinou no ollo dereito á secretaria provocoulle a perda de visión. 

O acusado, segundo a sentenza, presentouse “alterado” en xuño de 2016 nas oficinas da entidade debido a unha sanción administrativa de 500 euros que lle impoñían e agrediu ás vítimas. Os maxistrados indican na sentenza que “non existe proba que acredite a suposta inimizade das testemuñas cara ao acusado”, á vez que salientan que “non pode prevalecer a versión do acusado, que se limita a negar que fose o autor da puñada”.

“Non advertimos que se incorrese en erro na valoración da proba, nin que se vulnerase o principio de presunción de inocencia, que, como é sabido, dá dereito a non ser condenado sen proba de cargo válida, que neste caso concorre e foi racional, obxectiva e minuciosamente valorada, de acordo coas máximas de experiencia e regras da lóxica”, recalcan os maxistrados do TSXG.

Comentarios
Lo más