Comezan a chegar as nubes a Compostela
08:00 08/01/20
08:00 08/01/20
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 14ºC
O mércores unha fronte moi pouco activa achegarase a Galicia traendo nubes baixas.
Así, agárdase unha xornada de ceos anubrados, coa posibilidade dalgún orballo.
As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 14ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente sur.