miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O comercio compostelá amosa a súa cara máis feminista e comprometida

O comercio compostelá amosa a súa cara máis feminista e comprometida
O comercio compostelá amosa a súa cara máis feminista e comprometida

Así nace “Escolma de Artistas Solidaria”, unha xurdida da colaboración entre Dinamo Mensaxería e Publicidade en Bicicleta e 7H Cooperativa Cultural para impulsar a través de arte con perspectiva de xénero a plataforma publicitaria Escolma

A campaña “Escolma de Artistas Solidaria”, organizada por Dinamo e 7H Cooperativa Cultural, achega a establecementos de Santiago pezas de arte sobre lonas publicitarias reutilizadas

Con vontade de tecer unha rede de solidariedade e apoio mutuo mediante a creación artística. Así nace “Escolma de Artistas Solidaria”, unha xurdida da colaboración entre Dinamo Mensaxería e Publicidade en Bicicleta e 7H Cooperativa Cultural para impulsar a través de arte con perspectiva de xénero a plataforma publicitaria Escolma. Esta novidosa proposta ofrece un modelo publicitario de baixo custo destinado a impulsar o comercio de proximidade e recadar fondos para entidades sen ánimo de lucro a través de promocións e descontos cos que “premiar o compromiso” de quen realiza as súas compras nos locais adheridos á rede.

Os nove establecementos que a conforman serán o territorio de acollida, entre o 7 e o 31 de xaneiro, dunha colección de dez obras orixinais realizadas sobre lonas publicitarias doadas por Dinamo e reautilizadas con técnica mixta e pintura por Axóuxeres e Chisqueiros, Eva Agra, Maru Astray, Verónica Armesto, Andrea de Toba, Miss Hope, María Lapido, Laura Tova, Cata Ukelele e Juan Pablo Venditti. As pezas destas creadoras galegas, varias delas participantes no programa artístico-educativo Elas tamén Pintan, poderán ser visitadas nos establecementos Ana Prados Atelier; Cantina Galopín; Dinamo; English In Motion; EscondiT; Grubi Detallitos; Maravalla; 7H Cooperativa Cultural e na Libraría de Mulleres Lila de Lilith.

Será no local deste último establecemento onde se celebre, a comezos do vindeiro febreiro, unha poxa solidaria das obras, con prezos de saída que oscilan entre os 150 e os 200 euros. A recadación da súa venta destinarase tanto ao financiamento de proxectos da Asociación Centinelas de axuda a mulleres e nais en situación de vulnerabilidade e da Asociación Abeiro pola Protección Animal como á continuidade do festival feminista de arte urbana e contextual Delas Fest, cuxa primeira edición vén de organizar 7H o pasado mes de decembro.

Comentarios
Lo más