A Corporación local garda un minuto de silencio pola última vítima da violencia machista
Varios integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller e da nena asasinadas
A praza do Obradoiro acolleu onte ao mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller e da súa filla acontecido este luns en Esplugas de Llobregat (Barcelona).
Varios integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller e da nena asasinadas. Ao minuto de silencio sumáronse nesta ocasión os/as integrantes da Plataforma de Pensionistas de Santiago. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas