miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos viven unha tarde máxica en Padrón

Os Reis Magos viven unha tarde máxica en Padrón
Os Reis Magos viven unha tarde máxica en Padrón

As súas maxestades percorreron a vila e deixaron agasallos e lambonadas para todos os cativos

As Súas Maxestades sairon ás 17:30 horas do polígono de Picusa para pasar pola rúa Real e o Paseo do Espolón ata a Igrexa Parroquial de Santiago de Padrón, onde fixeron a súa tradicional ofrenda no Belén Vivente aló instalado. A cabalgata proseguiu polo paseo do Espolón, Praza de Macías e rúa Longa ata chegar á carpa instalada no campo do Souto, onde tivo lugar a recepción por parte do alcalde de Padrón, Antonio Fernández, acompañado por membros da corporación municipal. 

Baixo esta carpa tivo lugar a recepción das Súas Maxestades aos nenos e nenas de Padrón, que recibiron agasallos e lambonadas. Así mesmo, de 17:00 a 20:00 horas, todos os nenos e nenas poderon desfrutar de balde do carrusel de cabaliños Hernáiz, instalado no Souto e para o que o Concello de Padrón estivo a repartir gratuitamente vales (3 por neno) durante as tres últimas semanas.

Comentarios
Lo más