miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos recorren as parroquias de O Pino

Os Reis Magos recorren as parroquias de O Pino
Os Reis Magos recorren as parroquias de O Pino

A xornada rematou ofrecéndolle as persoas asistentes chocolate con rosca.

Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañado dos seus paxes, percorreron este domingo  todas as parroquias do Pino para entregarlle caramelos aos nenos e nenas, e preguntarlles se se portaron ben para deisarlles os regalos esta noite. 

Dende as 11.00 horas, a comitiva real percorreo as parroquias de Pereira, Castrofeito, Budiño, O Pino, Gonzar, Medín, Pastor e Lardeiros. Pola tarde foi o turno de San Breixo, San Mamede, San Miguel e Cebreiro, antes de chegar ao polideportivo de Reboredo, sobre as 19.30 horas, pare recibir a todos os nenos e nenas que se achegaron ata Arca para pasar unha tarde divertida cos inchables e a visita dos tres magos de oriente.


Comentarios
Lo más