miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos 'agasallaron ilusións' polas rúas de Compostela

Os Reis Magos 'agasallaron ilusións' polas rúas de Compostela
Os Reis Magos 'agasallaron ilusións' polas rúas de Compostela

Os Reis Magos encheron as rúas de Compostela de ilusión na tradicional cabalgata para a que houbo ceos despexados e moito público na rúa

As rúas de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, que este ano se celebrou baixo o lema "Agasallando ilusións". Preto de 500 persoas e 26 agrupacións artísticas participaron nun desfile dinámico e participativo que partiu como cada ano da estación de ferrocarril ás 17:30 horas. Repartironse 1.400 quilos de caramelos sen glute.

Este ano, as tres carrozas dos Reis Magos estiveron escoltadas polas do carteiro e heraldos reais, pola da Carboeira e pola do Quebranoces. E con eles e elas, unha chea de personaxes imprescindibles na Cabalgata, como as estrelas luminosas, as cartas danzantes, os renos voadores, as tradicionais danzas de reis ou os trasgos diminutos. Ademais, tamén danzaron polas rúas novas e curiosas personaxes coma cabalos cheos de luz, acróbatas, músicos, zancudos e ata unha fada dos doces.

Unha das novidades desta edición foi a presenza dos personaxes dun dos contos de Nadal máis tradicionais, O Quebranoces, creado por E. T. A. Hoffmann, logo adaptado por Alexandre Dumas e finalmente reinterpretado musicalmente por Petr Ilich Chaikovskii. Co Quebranoces estiveron as soldadiñas de chumbo, os ratiños e personaxes do mundo dos doces. 

Comentarios
Lo más