Últimas horas para acudir ás actividades da cidade de Nadal no Gáias
A programación de Nadal no Gaiás chega ao seu fin deste luns día 6
Dende o13 de decembro e ata mañá, o Nadal no Gaiás tivo unha programación que transformou a Cidade da Cultura nunha urbe de conto, ateigada de cor, figuras de globos, obradoiros para a cativada, un espectáculo circense-musical e unha gran gala de magos, chegados de todos os recunchos do planeta. Agora chega ao seu fin.
Durante estes días e ata que se de por finalizada a programación, houbo talleres nos que os pequenos e pequenas elaboraron por eles mesmos —guiados e axudados por monitores— os adornos que colgaron na árbore xigante que presidía o Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás, e que xa fora todo un éxito entre a rapazada e familias o pasado ano.
Precisamente, ao redor desta árbore xigante emerxía unha pequena grande urbe, ateigada de casiñas de cores, luces, renos, bastóns de caramelo, trasnos, farois e varios personaxes carismáticos para recrear de cara a todos os visitantes un mundo de conto, no que non faltaron figuras propias destas festas elaboradas a partir de globos.