Unha muller sufre feridas nos seus brazos por un incendio na súa vivenda
Un particular foi quen, ao fío das 20:00 horas da pasada tarde, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda
Unha muller tivo que ser trasladada ata o centro de saúde da localidade tras sufrir queimaduras nun brazo a causa dun incendio rexistrado na súa vivenda.
Un particular foi quen, ao fío das 20:00 horas da pasada tarde, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía unha tixola e os mobles da cociña da vivenda situada no lugar de Vilamor, en Piñeiró, no termo municipal de O Saviñao.
Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Chantada que se desprazaron decontado ata o lugar. Tamén se deu conta do suceso á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
Tras chegar ao lugar, os Bombeiros comunicaron que non eran precisos os medios sanitarios pero que unha patrulla da Garda Civil ía trasladar a unha muller ata o centro de saúde da localidade por mor dunha queimadura que tiña nun brazo.
Arderon os mobles da cociña na súa totalidade e o resto da vivenda viuse afectada polo fume.
Tras extinguir o lume, os profesionais de extinción procederon a ventilar a vivenda.