Dúas persoas trasladadas por mor dun posible escape de gas nunha vivenda en Moraña
13:45 03/01/20
13:45 03/01/20
Os feitos ocorreron no lugar de Santa Lucía de Moraña, na parroquia de Saiáns, ao fío das 1:30 horas
Dúas persoas foron trasladadas a un centro médico a pasada noite debido a un posible escape de gas nunha vivenda en Moraña. Os feitos ocorreron no lugar de Santa Lucía de Moraña, na parroquia de Saiáns, ao fío das 1:30 horas.
Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen daba conta da situación ao 112 Galicia. Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES e do Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, dos efectivos de Protección Civil de Moraña, dos Bombeiros de Vilagarcía, da Garda Civil e da empresa subministradora do gas.