miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

“Cartóons” de Producións Teatrais Excéntricas chega hoxe ao Milladoiro

“Cartóons” de Producións Teatrais Excéntricas chega hoxe ao Milladoiro
“Cartóons” de Producións Teatrais Excéntricas chega hoxe ao Milladoiro

Os actores, Víctor Mosqueira e Josito Porto, botan man de colaboradores como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes para levar a cabo esta obra

Hoxe, venres 3 de xaneiro ás 18.00 horas, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro a obra “Cartóons” de Producións Teatrais Excéntricas. Destinada a un público infantil de 4 a 12 anos, as entradas poden adquirirse na billeteira electrónica do concello e teñen un prezo de 4 euros a entrada xeral e de 2 euros a reducida. Os actores, Víctor Mosqueira e Josito Porto, botan man de colaboradores como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes para levar a cabo esta obra.

“Cartóons” é unha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas que ten como protagonistas a dous “clowns” (pallasos). Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartóns, esa materia valiosa como é o cartóns, que nós, inexplicablemente, tiramos ao lixo diariamente. 

Desta maneira, o cartón serviralles para construír tubaxes de gas, cortinas nas xanelas, revisteiros, bandexas, edredóns, motos, parasois de praia, avións... en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca. 

Este espectáculo é un vehículo de valores como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia. A arte poética de converter o refugallo en bens de uso, tamén incide nas tres famosas “R” do ecoloxismo: reducir, reutilizar e reciclar. 

Os actores, Víctor Mosqueira e Josito Porto, botan man de colaboradores como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes para levar a cabo esta obra, que forma parte da celebración do 15º Aniversario de Excéntricas (2004-2019), e supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil. 

Comentarios
Lo más