Os bombeiros rescatan un coello dunha habitación incendiada en Baiona
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume puido comezar nun electrodoméstico situado nun cuarto e rematou por afectar a toda a vivenda debido ao intenso fume
Os servizos de emerxencias rescataron esta tarde a un coello localizado no interior dunha habitación incendiada.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume puido comezar nun electrodoméstico situado nun cuarto e rematou por afectar a toda a vivenda debido ao intenso fume.
O incendio empezou pouco antes da unha da tarde de onte, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para advertir de que saían chamas pola fiestra dunha vivenda situada na Rúa Loureiral de Baiona. Decontado, o persoal do Centro Intregrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, así como dos membros do GES de Val Miñor, para sufocar un lume que arrasou os mobles da habitación e provocou unha intensa fumareda en toda a vivenda. Ademais, os efectivos de emerxencias tiveron que rescatar a un coello que se atopa no interior da vivenda e necesitou dos coidados dun profesional debido ás lesións que presentaba.
Igualmente, os equipos de extinción contaron co apoio dos axentes da Policía Local.