miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa resultou ferida tras caer por un desnivel o vehículo no que viaxaba en Marín

Unha persoa resultou ferida tras caer por un desnivel o vehículo no que viaxaba en Marín
Unha persoa resultou ferida tras caer por un desnivel o vehículo no que viaxaba en Marín

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ocorreu pasadas as cinco de onte na vía de alta capacidade VG-4.4

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha persoa que resultou ferida ao caer por un desnivel o vehículo no que viaxaba.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ocorreu pasadas as cinco de onte na vía de alta capacidade VG-4.4, ao paso pola localidade pontevedresa de Marín.

Alí acudiron os profesionais sanitarios para atender e evacuar a unha persoa que sufriu lesións de diversa consideración a causa do impacto. Debido á situación na que se atopaba o vehículo, que caeu por un desnivel á altura do quilómetro sete da VG-4.4, valorouse a intervención dos equipos de excarceración, sen embargo, os ocupantes puideron saír do coche sen máis axuda que a dos axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentarios
Lo más