miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Encaixa un camión na ponte da vía do tren en Pontevedra

Encaixa un camión na ponte da vía do tren en Pontevedra
Encaixa un camión na ponte da vía do tren en Pontevedra

Todo aconteceu, ao fío das 21:00 horas da pasada noite, cando o condutor circulaba co seu camión pola PO-225, punto quilométrico 0.500

O condutor dun camión articulado resultou ileso despois de quedar co vehículo encaixado baixo a ponte da vía do tren, en Alba, no concello de Pontevedra.

Todo aconteceu, ao fío das 21:00 horas da pasada noite, cando o condutor circulaba co seu camión pola PO-225, punto quilométrico 0.500. Así o relataba unha persoa particular cando chamou ao 112 para alertar do suceso.

Ata o lugar desprazáronse decontado, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes de Tráfico. Tamén foron informados a Policía Local, efectivos de Protección Civil da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada.

Aínda que nun primeiro momento non se apreciaban danos na estrutura da ponte, os xestores do 112 solicitaron a intervención do persoal de Adif para asegurar a avaliación de posibles danos. 

Finalmente, tras a retirada do camión, os técnicos de Adif confirmaron que o incidente quedou totalmente solucionado sen causar ningún tipo de dano na estrutura,

Comentarios
Lo más