miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Trasladan a unha persoa ferida en helicóptero despois de caer dunha árbore en Oza-Cesuras

Trasladan a unha persoa ferida en helicóptero despois de caer dunha árbore en Oza-Cesuras
Trasladan a unha persoa ferida en helicóptero despois de caer dunha árbore en Oza-Cesuras

Foi unha persoa particular quen alertou do sucedido ao 112 Galicia

Unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde en Oza-Cesuras ao caer dunha árbore e cortarse coa motoserra que estaba manexando. Os feitos sucederon no lugar de Cristín, ao fío das 13:00 horas de onte.

Debido á gravidade das feridas que presentaba a persoa, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que foi trasladada ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Foi unha persoa particular quen alertou do sucedido ao 112 Galicia. A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil e do GES de Curtis.

Comentarios
Lo más