Colisión múltiple con tres vehículos implicados na Rocha Vella
19:02 30/12/19
19:02 30/12/19
O sinistro produciuse na SC-20, á altura da Rocha Vella, uns minutos antes das 13:20 horas
Unha colisión na que se viron implicados tres vehículos en Santiago de Compostela saldouse cunha persoa ferida.
O sinistro produciuse na SC-20, á altura da Rocha Vella, uns minutos antes das 13:20 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santiago.