miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Critican que Santalices apele ao Apóstolo para "resolver os problemas de Galicia"

Critican que Santalices apele ao Apóstolo para "resolver os problemas de Galicia"
Critican que Santalices apele ao Apóstolo para "resolver os problemas de Galicia"

Miguel Santalices, en calidade de delegado rexio, apelou a diversas cuestións como a "política con maiúsculas" na procura de acordos e a combater sen tregua "dramas" como a violencia machista

En Marea lamenta que Santalices reivindique ante o Apóstolo a "politica con maiúsculas" mentres que o seu partido non xestiona as problemáticas vitais para a cidadanía.

Durante a cerimonia da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo, que como cada 30 de decembro se celebra en Santiago, e como ven sendo habitual, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, en calidade de delegado rexio, apelou a diversas cuestións como a "política con maiúsculas" na procura de acordos e a combater sen tregua "dramas" como a violencia machista, e crear entre todos un clima propicio para o emprego e o benestar social ou apelar a combater o cambio climático. 

Ante o anunciado peche da central térmica de Endesa en As Pontes, Santalices pediu ao Apóstolo a articulación dunha transición enerxética xusta que preserve a actividade económica e o emprego.

Dende En Marea aféase esta deixación de funcións por parte do goberno da Xunta, xa que a formación leva moito tempo facendo propostas nese senso,  que sistematicamente son rexeitadas polo PP no Parlamento.

Tamén se gabou Santalices dun "suposto autogoberno plenamente consolidado" que segundo afirmou, "multiplicou as opcións de crecemento de Galicia, así como a "plena vixencia" dos dous idiomas oficiais, o que para En Marea, á vista dos recentes informes europeos publicados, é inxustificable, xa que non se mellorou en nada e hai un gran retroceso na protección do galego como lingua cooficial de Galicia. Dende En Marea demándase máis traballo real por parte do PP para mellorar a vida das persoas, xa que é no Parlamento de Galicia onde se fai a política, onde está o poder lexislativo que busque, acade e mellore coas súas propostas as vida da cidadanía. 

Comentarios
Lo más