A escritora María Xosé Porteiro e o Carteiro Real visitan hoxe El Corte Inglés
A escritora viguesa estará acompañada xunto a Xosé Antonio Perozo, Manuel Bragado e Pati Blanco
Hoxe mércores, 2 de xaneiro ás 20:00 horas, o Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, acollerá a presentación do libro de María Xosé Porteiro, Sándalo, na que intervirán: Xosé Antonio Perozo, escritor, Manuel Bragado, escritor, Pati Blanco, director de Comunicación e RRII de El Corte Inglés Galicia – Asturias e a autora.
A nave de Sándalo percorre douscentos anos de historia entre Europa e América. Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba.
María Xosé Porteiro. Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Vigo, Radio Popular, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Así mesmo, foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Ademáis, publicou narrativa e ensaio. Foi concelleira en Vigo, deputada no parlamento galego e no Congreso dos Deputados, membro das Asembleas parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil.
Ademais, o emisario dos Reyes, o Carteiro Real estará na planta primeira de El Corte Inglés, o xoves 2 e o venres 3, de 17:00 a 21:00 horas, para recoller as cartas de pequenos e maiores.