miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 101.000 persoas da área de Santiago foron vacunados contra a gripe

Máis de 101.000 persoas da área de Santiago foron vacunados contra a gripe
Máis de 101.000 persoas da área de Santiago foron vacunados contra a gripe


A taxa da vacina dos usuarios de 65 ou máis anos o 61%, en total unhas 65.700 persoas

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza rexistrou unhas 101.000 vacinas no marco da campaña contra a gripe que se iniciou o pasado 14 de outubro e que rematou o venres 27 de decembro. Isto supón case 3 puntos máis de cobertura que o ano pasado (8.300 persoas máis).

Das persoas vacinadas, unhas 65.700 pertencen ao grupo obxectivo de 65 ou máis anos, o que significa unha taxa de cobertura do 61% neste tramo de idade. O colectivo de 75 ou máis anos acadou unha taxa de vacinación de máis do 67%.

Sanidade recorda que este ano en Galicia aínda non estamos en onda epidémica e aínda está a tempo de vacinarse todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito. Así,  aínda que a campaña rematou onte, os interesados poden acudir a facelo a algún dos preto de 80 puntos de vacinación repartidos por toda a área sanitaria. As vacinas estarán dispoñibles durante o mes de xaneiro.

É importante protexerse fronte á gripe, xa que esta vacina non só limita o número de casos, senón que diminúe as posibilidades de que aparezan formas severas a enfermidade e reduce o risco de complicacións, hospitalización e morte.

Comentarios
Lo más