miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida unha muller despois de incendiarse a súa vivenda en Moaña

Ferida unha muller despois de incendiarse a súa vivenda en Moaña
Ferida unha muller despois de incendiarse a súa vivenda en Moaña

O 112 Galicia tivo constancia do lume pasados dez minutos das 12:00 horas

Unha muller resultou ferida, con queimaduras, tras producirse un incendio na localidade pontevedresa de Moaña.

O 112 Galicia tivo constancia do lume pasados dez minutos das 12:00 horas. Foi nese momento cando varios particulares informaban aos xestores de emerxencias de ver saír fume do tellado dun edificio, situado na Avenida Concepción Arenal. Trátase dunha casa de dous andares e un local comercial no baixo e vivenda na parte superior.

Nada mais recibir a chamada dos alertantes, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que, neste momento, traballan ademais do persoal sanitario, os Bombeiros do Morrazo e de Vigo, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Moaña e de Cangas.

Segundo a información recibida no 112 Galicia polos medios sanitarios, a muller foi trasladada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más