miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido un operario ao caer dende un tellado cando traballaba na localidade de Carballedo

Ferido un operario ao caer dende un tellado cando traballaba na localidade de Carballedo
Ferido un operario ao caer dende un tellado cando traballaba na localidade de Carballedo

O 112 Galicia tivo constancia do acontecido, ás 14:30 horas da tarde de onte, a través da chamada de alerta dun particular

Un operario foi trasladado por un equipo médico despois de precipitarse do tellado no que traballaba. O accidente sucedeu no lugar de Mundín, na localidade luguesa de Carballedo.

O 112 Galicia tivo constancia do acontecido, ás 14:30 horas da tarde de onte, a través da chamada de alerta dun particular quen solicitaba asistencia sanitaria para un home que resultou ferido tras caer dun tellado ao que lle estaba a limpar os canlóns.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, debido ás lesións do traballador, mobilizaron ao helicóptero medicalizado ata o punto, ademais dunha ambulancia con persoal sanitario.

Tamén foron informados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que o ferido foi evacuado na ambulancia acompañado polo persoal facultativo ata o Hospital Clínico Universitario de Ourense.

Comentarios
Lo más