Unha explosión por unha fuga de gas nun negocio de Vigo deixa danos materiais sen causar feridos
O suceso tivo lugar, ás 10:45 horas, nun restaurante situado nas escaleiras de acceso desde a Rúa Romil ata a Rúa das Camelias
Unha explosión de gas ocorrida esta mañá nun local en Vigo provocou danos materiais sen que fora afectada persoa algunha.
O suceso tivo lugar, ás 10:45 horas, nun restaurante situado nas escaleiras de acceso desde a Rúa Romil ata a Rúa das Camelias, así o confirmou a Policía Local ao 112 Galicia minutos despois de chegar ao punto.
Foi nese intre, cando unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dunha explosión e dun posterior cheiro que, posiblemente, fora do gas dunha bombona.
Así, desde o 112 Galicia informábase do sucedido aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Policía Nacional e Local e dos servizos sanitarios de urxencia que enviaron unha ambulancia ata o lugar por se fose precisa a súa intervención.
Unha vez no lugar, os bombeiros comprobaron as zonas afectadas e rematadas as comprobacións oportunas, informaron ao 112 Galicia que os danos materiais limitáronse a uns cristais e outro elementos, sen que ningunha persoa resultara ferida.