miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Bombeiros apagan un lume que calcinou rolos de herba almacenados nunha nave en Chantada

Os Bombeiros apagan un lume que calcinou rolos de herba almacenados nunha nave en Chantada
Os Bombeiros apagan un lume que calcinou rolos de herba almacenados nunha nave en Chantada

O incendio comezou sobre as 19:00 horas da tarde pasada e ata as 04:00 horas desta madrugada os Bombeiros non confirmaron a extinción na súa totalidade

Unha gran cantidade de rolos de herba almacenados nunha nave particular, situada onde o Santuario de Fátima, na localidade lucense de Chantada, arderon esta noite despois de producirse un incendio e no que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

O incendio comezou sobre as 19:00 horas da tarde pasada e ata as 04:00 horas desta madrugada os Bombeiros non confirmaron a extinción na súa totalidade. Iso si, indicaron que arderan unicamente os rolos de herba sen afectar a nada mais.

Tras recibir a chamada de alerta por parte dos axentes da Garda Civil, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron ademais dos Bombeiros de Chantada, os axentes da Policía Local, os membros do GES de Monterroso e os efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, distintos medios do Concello e do Servizo Provincial de Incendios prestaron a súa colaboración nas tarefas de extinción.

Comentarios
Lo más