miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatan aos tripulantes dun veleiro na illa de Arousa

Rescatan aos tripulantes dun veleiro na illa de Arousa
Rescatan aos tripulantes dun veleiro na illa de Arousa

O 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local

Ao fío das 20:00 horas da tarde pasada, o persoal do servizo de Gardacostas de Galicia informaba ao 112 Galicia da saída do helicóptero Pesca1 para facer unha evacuación moi preto de Vilagarcía, ao norte da Illa de Arousa. Se trataba de evacuar aos tripulantes dun veleiro que sufrira una vía de auga e que tamén a embarcación Auxiliar Sebastián Docampo se desprazaba ao punto.

Tras ser informado o persoal de Salvamento, confirmaron que os tripulantes xa foran evacuados pola Auxiliar , todos eles en bo estado e que non precisaban asistencia sanitaria.

O 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local.

Comentarios
Lo más