miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas feridas en dous accidentes rexistrados esta tarde na cidade

Tres persoas feridas en dous accidentes rexistrados esta tarde na cidade
Tres persoas feridas en dous accidentes rexistrados esta tarde na cidade

O primeiro ocorreu ás 15:00 horas na Avenida de Lugo, onde colidiron un autobús urbano e un turismo

O 112 Galicia rexistrou esta tarde dous accidentes de tráfico en Santiago que se saldaron cun total de tres persoas feridas. 

O primeiro ocorreu ás 15:00 horas na Avenida de Lugo, onde colidiron un autobús urbano e un turismo. Como consecuencia do impacto, resultaron feridas dúas persoas, que foron trasladadas ao Hospital da Rosaleda. 

Dúas horas despois, un motorista sufriu unha caída na SC-20, ao paso pola parroquia compostelana de San Lázaro. As lesións provocadas pola caída obrigaron a trasladar ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén neste caso, colaboraron os axentes da Policía Local.

Comentarios
Lo más