miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan os obradoiros de Pasearte, a mostra de arte contemporánea nos escaparates de Santiago Centro

Comezan os obradoiros de Pasearte, a mostra de arte contemporánea nos escaparates de Santiago Centro
Comezan os obradoiros de Pasearte, a mostra de arte contemporánea nos escaparates de Santiago Centro

Os vidros de 60 comercios do Ensanche mostran ata o día 5 de xaneiro obras das galerías Nordés, Trinta, Metro e Luisa Pita

Cun taller do ceramista Pablo Barreiro comezaron onte os obradoiros para familias de PASEARTE, a Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates do Ensanche de Santiago. Nenos e maiores poden participar nos talleres, que se levan a cabo no Centro Cívico do Ensanche e durarán ata o día 4 de xaneiro. 

Despois da de onte, Pasearte programou tres citas máis para aprender da man de grandes nomes do panorama galego. Para inscribirse é preciso chamar ao Centro Cívico (981 543 001), e poden participar maiores de dez anos. As propostas para os próximos días son as seguintes:

- Data: 28 decembro 2019. 18 a 20 h

Título: Mira e representa: debuxo de diferentes miradas sobre un mesmo obxecto.

Artista: XURXO MARTIÑO

- Data: 2 xaneiro 2020. 18 a 20 h

Título: Nada sobra. Nada falta. Colaxe e a pintura á procura da composición ideal

Artista: SEBAS ANXO

- Data: 4 xaneiro 2020. 18 a 20 h

Título: Escultura simple

Artista: DAVID PLANAS

Sesenta comercios do Ensanche de Compostela participan este ano na terceira edición de Pasearte, que remata o día 5 de xaneiro. Santiago Centro, Área Comercial volve apostar pola arte e a cultura nunhas datas especialmente importantes para o sector, e organiza a exposición urbana en colaboración coas galerías Luisa Pita, Nordés, Metro e Trinta, co patrocinio de Jael Joyería, Grupo Ulla e Quatrium Inmobiliaria e o apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. Pasearte é unha mostra que busca achegar á cidadanía o traballo de artistas e galeristas, ao tempo que atrae ao público ao Ensanche compostelán nunhas datas, as do Nadal, clave para o comercio local.

Comentarios
Lo más