miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Deputación adxudica por 325.728 euros as obras de ampliación da estrada que une Santiago e Val do Dubra

A Deputación adxudica por 325.728 euros as obras de ampliación da estrada que une Santiago e Val do Dubra
A Deputación adxudica por 325.728 euros as obras de ampliación da estrada que une Santiago e Val do Dubra

O proxecto suporá a demolición completa da ponte actual, con só 6 metros de ancho que resultan insuficientes para a nova sección do vial, e a construción dun novo viaducto de 12 metros de ancho

A Deputación da Coruña aolleu hoxe a sinatura do contrato para a execución das obras de construción dunha nova ponte sobre o rego Gatofero, no punto quilométrico 19+720 da estrada provincial DP 7804 que conecta Santiago de Compostela e Val Dubra. As obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Iglesias Mera por un importe de 325.728,41 euros e comezarán a principios de 2020.

O proxecto suporá a demolición completa da ponte actual, con só 6 metros de ancho que resultan insuficientes para a nova sección do vial, e a construción dun novo viaducto de 12 metros de ancho, dos que 9 serán de calzada e 3 de beirarrúas, que se ubicarán en ambas as dúas marxes, o que contribuirá a mellorar a seguridade peonil na zona.

A nova estrutura consistirá nunha ponte de 25 metros de lonxitude total con catro vigas doble T dispostas sobre un único vano. Sobre elas executarase unha lousa de formigón armado executada in situ de 25 cm de espesor.

1,2 MILLÓNS DE EUROS PARA AMPLIAR A ESTRADA DP-7804

Esta actuación forma parte dun proxecto integral de mellora integral da seguridade vial nesta estrada, entre os puntos quilométricos 18+690 e 22+223, no termo municipal de Santiago de Compostela, que supón un investimento de 1.260.761 euros (913.410 para financiar as obras e 347.351 € para as expropiacións necesarias).

O proxecto comprende un tramo de 3,5 quilómetros cun elevado volumen de tráfico que conecta o núcleo compostelán de Miramontes coa intersección da estrada DP-0701.

Suporá a ampliación da plataforma do vial ata os 9 metros (7 metros de calzada e 1 metro de beiravía en cada unha das marxes), a mellora do trazado en determinadas curvas e a pavimentación do tramo con macadam e zahorra artificial, ademáis da instalación dun sistema de drenaxe lonxitudinal con tubo de formigón, sistema de recollida de pluviais nos tramos onde hai beirarrúas e dotación de nova sinalización horizontal e vertical.

AMPLIACIÓN DA PONTE SOBRE A VÍA DO TREN EN VEDRA

A Deputación da Coruña vén adxudicar tamén as obras de ampliación da ponte sobre a liña de ferrocarril, na DP-8901 de Gaiosa á Ponte Sarandón, no concello de Vedra.

As obras, adxudicadas a Aquablue Sistemas Constructivos, suporán un investimento de 83.281,12 para duplicar o ancho da plataforma, pasando de 6 a 12 metros. A estrutura quedará dividida en dous carrís de circulación de 3,5 metros, beiravías de 05 e beirarrúas de 2 metros.

Deste modo, adaptarase a ponte ao ancho actual da calzada e facilitarase o tránsito do tráfico de vehículos pesados que xera o Polígono Industrial de Vedra.

Comentarios
Lo más