Carreira do Conde acolleu un concerto de Corais de Nadal
07:30 27/12/19
07:30 27/12/19
Cancións típicas destas datas como o Adeste Fideles fixeron a delicia que estiveron presentes na rúa
Dentro da diferente programación de Nadal que ten organizada o concello para este días cabe destacar as Corais de Nadal que onte actuaron na Carreira do Conde, onde están instalados os expositores do mercadillo, as agrupacións Hermano Gómez, Ponte Mantible, Santa Susana e Coto da Nai .
Cancións típicas destas datas como o Adeste Fideles fixeron a delicia que estiveron presentes na rúa na que tanto os máis pequenos coma os maiores puideron desfrutar dunha variada selección de panxoliñas.
Os vindeiros días outros grupos estarán presentes para que os que pasen preto de Carreira do Conde poidan seguir ilusionándose do espírito do nadal.