miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un tráiler perde combustible tras saírse da vía e obriga a cortar un carril da A-6, preto de Betanzos

Un tráiler perde combustible tras saírse da vía e obriga a cortar un carril da A-6, preto de Betanzos
Un tráiler perde combustible tras saírse da vía e obriga a cortar un carril da A-6, preto de Betanzos

Un particular foi quen, ás 04:00 horas, informou ao 112 Galicia dun camión pesado que perdía combustible

A perda de combustible procedente dos depósitos dun tráiler, de transporte de paquetería, obrigou esta madrugada a interromper o tráfico nun carril de circulación da A-6, á altura do punto quilométrico 567, sentido Coruña, ao seu paso por Betanzos.

Segundo informaron os Bombeiros de Betanzos e os axentes de Tráfico, afortunadamente, o condutor resultou ileso.

O camión tras saírse da vía envorcou e parte do combustible derramouse pola estrada, o que foi necesario que os Bombeiros empregaran materiais absorbentes para conter a vertedura. O resto de combustible foi transvasado a distintos bidóns e recollido nun camión cisterna.

Un particular foi quen, ás 04:00 horas, informou ao 112 Galicia dun camión pesado que perdía combustible. Aseguraba que deixara unha mancha de gasóleo na beiravía.

Nada mais recibir a chamada, os xestores do 112 puxeron en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención. Así mesmo, avisaron decontado aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, foi requirida a intervención do persoal de mantemento da estrada, que tras prestar a súa colaboración no transvase do combustible, sinalizou a zona.

A esta hora, o vehículo segue no punto, á espera dos guindastres que o retirarán da estrada.

Comentarios
Lo más