miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Saturnino Valladares estará hoxe en Fonseca acompañado de 15 poetas

Saturnino Valladares estará hoxe en Fonseca acompañado de 15 poetas
Saturnino Valladares estará hoxe en Fonseca acompañado de 15 poetas

Trátase dun libro editado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, dirixida polo poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, que presentará o acto xunto ao autor da obra, tras palabras liminares de Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC

O venres 27 de decembro, ás 19:00 horas, presentarase na exposición “Valente e a unidade das artes”, que se exhibe no Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, o libro Poemas a Valente, onde o poeta Saturnino Valladares, profesor da Universidade Federal do Amazonas (Brasil), compilou numerosas composición dedicadas ao autor ourensán durante os séculos XX e XXI. Como todos os libros da Cátedra Valente, este leva na cuberta a reprodución dunha obra de arte afín á estética do poeta, neste caso debida á artista galega Julia Huete.

Trátase dun libro editado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, dirixida polo poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, que presentará o acto xunto ao autor da obra, tras palabras liminares de Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC. Seguidamente, terá lugar un recital itinerante por toda a exposición, onde varios poetas, profesores e investigadores, a maioría valentistas, lerán poemas do libro e de Valente, respectivamente ante as diferentes seccións dos autores expostos na capela gótica e no salón artesoado do pazo de Fonseca, sempre baixo a premisa dalgunha relación significativa entre texto, rapsoda e material exposto, debido a Tàpies, Chillida, Saura, Salinas, Nóvoa, Virxilio, Rebeyrolle, Partenheimer, Forteza, Coral, etc.:

Así, leranse poemas dedicados a Valente por Vicente Aleixandre, Antonio Gamoneda, Juan Gelman, Blanca Varela, José Agustín Goytisolo, Alfonso Costafreda, Pere Gimferrer, Bernard Noël, Jacques Ancet, Jorge Riechmann, Luz Pozo Garza ou Claudio Rodríguez Fer, así como tamén de Valente, a cargo de poetas e valentistas como os citados Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares máis Xoán Xosé Fernández Abella, Carmen Blanco, María Lopo, Adina Vladu, Cristina Fiaño, Agenor Prieto Machado, Juan Manuel del Río, Javier Pueyo, Miguel Cavadas Docampo, Arantxa Fuentes Ríos, Dolors Perarnau, Armando Requeixo ou Nieves Herrero.

Comentarios
Lo más