miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacuados os traballadores dunha empresa de Narón ao producirse un incendio a causa dunha avaría eléctrica

Evacuados os traballadores dunha empresa de Narón ao producirse un incendio a causa dunha avaría eléctrica
Evacuados os traballadores dunha empresa de Narón ao producirse un incendio a causa dunha avaría eléctrica

Segundo relataron, en ningún momento houbo risco de colapso da estrutura

Un total de 25 operarios foron desaloxados esta mañá dos seus postos de traballo tras producirse un incendio na nave, ao detectarse unha avaría eléctrica.

Afortunadamente, ningún dos traballadores resultou ferido. Así o comunicaron os Bombeiros ao 112 Galicia despois de extinguir as lapas e ventilar o lugar.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 09:30 horas desta mañá. Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao 112, que unha ambulancia se desprazaba á Avenida dos Ferreiros, no Polígono de Río do Pozo, en Narón, a causa dun incendio, posiblemente, producido nunhas caixas de cartón.

Con estes datos, de inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Narón e dos axentes da Policía Nacional e Local, que axiña se desprazaron ata o punto. Ademais, os xestores de emerxencias informaron dos feitos ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Unha vez no punto e tras rematar as tarefas de extinción, os Bombeiros explicaron que o lume se produciu nunha empresa de distribución, en cuxo interior había gran cantidade de caixas de cartón amontoadas, soltouse a luminaria do teito e as chispas provocadas caeron sobre as caixas, o que provocou o incendio. Unicamente afectou ás caixas.

Segundo relataron, en ningún momento houbo risco de colapso da estrutura. 

Comentarios
Lo más