miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Trasladadas dúas persoas tras declararse un incendio nunha vivenda en Vigo

Trasladadas dúas persoas tras declararse un incendio nunha vivenda en Vigo
Trasladadas dúas persoas tras declararse un incendio nunha vivenda en Vigo

Eran sobre as 00:00 horas, cando unha persoa particular poñía en alerta ao 112 Galicia

Dúas persoas foron trasladadas esta madrugada polos servizos sanitarios de urxencia tras verse afectadas despois de producirse un incendio nunha vivenda.

Eran sobre as 00:00 horas, cando unha persoa particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que as escaleiras do edificio, situado na Avenida de Emilio Martínez Garrido, estaban cheas de fume e que non sabía de onde procedía.

Así, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros da cidade, que xa tiñan constancia. Tamén, alertaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local.

Unha vez no punto e tras extinguir as lapas, os Bombeiros comunicaron que ardera o salón dunha vivenda.

As dúas persoas afectadas foron trasladadas ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Comentarios
Lo más