Rouban dous octoxenarios de Monforte na súa casa facéndose pasar por policías
Amosaron unha placa falsa da policía e dixeron que ían realizar un rexistro
Ese foi o mecanismo empregado por tres individuos que lograron así acceder a unha vivenda de Minas de Freixo, en Monforte, donde vive un matrimonio de octoxenarios.
O home desconfiou dos ladróns e quixo face una chamada pero quitáronlle e romperon o teléfono móbil e, posteriormente, tamén o fixo. Xa dentro da vivenda un dos individuos retivo ao matrimonio na cociña mentres os seus compinches remexían todas as estancias da vivenda. Leváronse 900 euros en metálico e diferentes documentos dunha carteira.
En declaración aos medios, o dono da vivenda apuntou que se trataba dun individuo duns 60 anos e outros dous duns trinta. Todos de pel escura e que falaban en castelán. Tamén cre que os ladróns tiñan vixiada a vivenda porque aproveitaron o día en que non estaba a sanitaria que atende a súa muller, enferma de alzhéimer.