Rouban máis de 1.500 euros da caixa dun mercado solidario da Coruña
13:36 25/12/19
13:36 25/12/19
Os cartos recadados no mercado irán destinados á Cociña Económica
A Policía investiga na Coruña o roubo acaecido nun mercado solidario típico destas datas no que estaban á venda antigüidades e pezas exclusivas.
Segundo denunciaron as organizadoras alguén entrou no local e a plena luz do día levou a recadación da caixa. Máis de 1500 euros que ían destinarse á Cociña Económica.
Dende a organización do mercado piden a colaboración cidadá para que a perda de estos cartos non impida cumplir o seu obxectivo solidario de acadar os 25 mil euros para a Cociña Económica que da servizo a máis de 1300 persoas cada día.