Cea, comida e chocolate con churros na Festa do Paluso
Son máis de 300 persoas as que sentan á gran mesa baixo a carpa da alameda de Santiago
A cena do Paluso cumpre 25 anos de solidaridade en Compostela para que ninguén se sinta só ou desaparado en tan significativas festas. Unha cea con tortilla e empanada de entrantes, logo mexillóns, lagostinos, navallas, bacallao con coliflor e xamón asado.
Logo dunha larga noite de comilona e festa, na mañá do mércoles tocaba chocolate con churros. Foron moitos os composteláns e curiosos que se acercaron ata a Alameda este mércores para quentar o corpo co chocolate e os ricos churros.
Mentres for da carpa se repartía o rico almorzo, no interior preparábase todo para acoller a outras trescentas persoas na comida de Nadal. Lagostinos, paella de marisco ou polo, son algúns dos pratos que atoparon no menú, elaborado coas mans dos voluntarios.
Desde que Chus Iglesias de seu home decidiron organizar ceas de Nadal para persoas solitarias cambiaron algunhas cousas como a localización, o financiamento ou o número de asistentes, pero non mudou o obxectivo. A idea, xurdida despois dunha Noiteboa con ausencias familiares moi dolorosas, segue sendo a solidariedade.